Use APKPure App
Get Aves do esteiro do Anllóns. IES Eduardo Pondal. old version APK for Android
Aplicación sobre as aves do Anllóns feita por alumnos do instituto de Ponteceso
O IES Eduardo Pondal está situado na desembocadura do río Anllóns que conforma neste punto un esteiro de gran importancia socio-económica para a comarca de Bergantiños. Os humedais son ecosistemas variados e complexos que están en seria regresión como consecuencia das actividades humanas. Estes problemas de conservación afectan en especial ás aves migratorias, un grupo de animais que viaxa miles de quilómetros de mancha húmida a mancha húmida. Debido á redución dos humedais, os poucos espazos húmidos con boas condicións de conservación son imprescindibles como lugar de invernada, cría ou paso para moitas aves migratorias. O esteiro do Anllón é un exemplo deste tipo de espazos. Trátase dun humedal cun estado de conservación aceptable que permite observar unha gran diversidade de aves segundo a época do ano.
Dende o IES Eduardo Pondal queremos poñer o noso gran de area para mellorar a conservación deste espazo dando a coñecer algunhas das aves máis importantes deste.
A aplicación realizouse ao longo do curso académico 2016-17 no marco do programa Naturézate (Plan Proxecta) promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os autores das observacións e imaxes precisas para realizar a presente obra son alumnos de 3º ESO e 2º Bacharelato baixo a dirección dos profesores Nacho Méndez Baamonde e Isabel Segura Espinosa.
Last updated on Jun 18, 2017
Minor bug fixes and improvements. Install or update to the newest version to check it out!
È necessario Android
1.6 and up
Categoria
Segnala
Aves do esteiro do Anllóns. IES Eduardo Pondal.
1.0 by Isacienciasponteceso
Jun 18, 2017