Use APKPure App
Get A Liña do Galego old version APK for Android
Unha nova ferramenta to defend linguistic Dereitos os teus.
A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que desde o ano 2007 atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantir o dereito a vivir en galego.
Moitas e moitos galegofalantes continúan a considerar normal a exclusión do seu idioma e iso é algo que queremos axudar a mudar, porque cando a poboación non é consciente dos seus dereitos, existe un déficit democrático, que cómpre corrixir.
A idea de que hai dereitos lingüísticos en Galiza, tanto individuais como colectivos, non está asentada, canto máis nos territorios onde nin sequera teñen recoñecemento legal estes dereitos. Coa Liña do Galego quérese afortalar o obxectivo de dar cobertura e amparo ás persoas ás que se lles impide desenvolver a súa vida na lingua propia do país.
Cando unha persoa chama ou escribe, ábrese un expediente na base de datos ao que se lle asigna unha numeración para lle poder facer o seguimento. A Liña do Galego garante a completa confidencialidade das persoas que a utilicen, mais en ningún caso tramita queixas anónimas.
Con todas as queixas, consultas e parabéns da Liña do Galego realizarase un informe anual, que servirá tanto de diagnose da situación como para propor medidas de mellora para o ano seguinte.
Last updated on Jan 13, 2023
Correccións e melloras.
Uploaded by
Kyaw Thurein Soe
Requires Android
Android 5.0+
Category
Report
A Liña do Galego
2.0.3 by A Mesa pola Normalización Lingüística
Jan 13, 2023